jueves, 14 de noviembre de 2019

PROXECTO ENKI

PROXECTO ENKI: COMO INTEGRAR, A TRAVÉS DO DEPORTE, A PERSOAS CON DIFERENTES CAPACIDADES. Hoxe contamos cunha visita moi especial, a de membros da Fundación Abrente e, máis concretamente, do Proxecto Enki. Deportistas que nos contaron como o deporte lles axudou a afrontar as adversidades que xurdiron nas súas vidas. O alumnado non pestanexaba, está claro que querer é poder, sempre haberá algo que se adapte ás posibilidades de cada un.
Está máis que demostrado que a práctica de actividade física aporta grandes beneficios non só a nivel físico, senón tamén psicolóxico e social así que xa sabes ...FAI DEPORTE!!! MóVETE!!!