martes, 31 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 17° DÍA

Bo día!!!
Que tal vos foron as propostas de onte? Gustáronvos? Iso espero!!!

Para hoxe pensei en propoñer unha coreografía na que, tanto persoas que presenten movilidade reducida de tren inferior como as que non ,bailarán da mesma maneira...polo cal...collede unha cadeira, sentádevos e a bailar co tren superior!!! Vamossss!!! ídelo pasar pipa!!!


Recordades os videos de ioga de sesións anteriores?. Deixo para imprimir, se o desexades, imaxes coas posturas e os seus nomes.
Practicade todas cantas vos apetezcan.

Se tedes un dado a man lanzádeo e executades a que vos vaia tocando.
Non o tes? Pois quizáis podes imprimir esto,  recortalo e construilo. Lánzao e según salga así fas!!!
    
Practica, practica... que o ioga ten moooitooos beneficios, se non os coñeces...presta atención á seguinte imaxe.

Isto é todo amigas e amigos, mañá máis!!!
Sede moi felices!!!



QUEDA NA CASA E... MÓVETE. 16º DÍA


Bo día rapazada!!!

Que vos parece se nos expresamos coa linguaxe corporal?, seguro que na casa ningúen se esconde, jejej Empezando por accións sinxelas exercitámonos para chegar a representar accións máis complexas como historias, películas...

Ponte a practicar e recorda que a cara debe acompañar aos xestos corporais. Imprime ou simplemente pensa un número e a ver que profesión che toca representar.







Coidar o corpo debería de ser algo prioritario xa que iso nos vai acompañar toda a nosa vida. O seguinte proxecto que se estructura en 4 unidades didácticas ten como obxectivo que o alumnado adquira hábitos de vida saudables conseguindo así prever a aparición de futuras enfermidades. Pincha na imaxe e mérgullate nel.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1422462805/contido/corpo_vida/menu.html

E para rematar cun pouco de "vidilla" deixo algo de bailoteo... un rock and roll!!

Espero que aprendades moito!!!
Polo aire vos mando apertas!!!

lunes, 30 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E ... MÓVETE. 15º DÍA

Xa estamos de novo, comezando unha semaniña máis.
 Hoxe deixarei algo para imprimir xa que considero que recursos audiovisuais tedes bastante donde elexir (podedes refrescar volvendo mirar todo o que hai subido dende o primeiro día)
Atopei nunha páxina moi interesante de EF o XOGO DA OCA e adaptei un pouco as probas. Podedes imprimilo, colledes unhas fichas e un dado que seguro tedes pola casa e...a xogar!!!

 

Se tedes calquera dúbida escribídeme. 
Espero que vos guste e xoguedes moitooo😉

viernes, 27 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 12º DÍA


ORIENTACIÓN 
Agora que chega a fin de semana seguro que tes tempo para facer un mapa/plano/croquis da túa casa. Se es demasiado peque e che resulta complicado pide axuda a un maior. A idea é debuxar nun papel os distintos espazos dos que dispoñedes( cociña, baño, habitacións, pasillo...) É importante que o mapa se axuste á realidade para que o xogo poida sair ben, xa que unha vez feito, escondes obxectos e marcas nel cun X o espazo no que deben atopar. Cantas máis cousas escondas máis divertido será, tamén podes esconder palabras que formen algún lema unha vez as atopen todas, pezas de puzle...todo o que se che ocorra seguro que triunfará. Podes esconder ti ou que chas escondan a ti. Se che resulta lioso escribe a moveteenvite@gmail.com que che boto unha man.


Non podo rematar a semana sen deixarvos esta coreo, ...a ver que tal se vos da!!! Primeiro mirade e despois practicade, e se non sae todo á vez, primeiro aprendemos movementos de pernas, despois de brazos e por último cos paus, accesorios de cociña... ou viceversa. Cando unades todo sairá rodado...

 

A PRACTICAR E A DISFRUTAR.
FELIZ FINDE!!!

jueves, 26 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 11º DÍA

Ola olaaaa, xa nos estamos acercando á fin de semana. Como ides coa actividade física?. Espero que sacando sempre un ratiño pa movervos, é MOI NECESARIO!!!
Hoxe imos refrescar o tema do quecemento, adxunto unhas rutinas de flexibilidade así como estiramentos para antes de facer exercicio físico de intensidade e despois. Mirádeo ben xa que nas sesións prácticas, pola duración das mesmas, non podemos adicar todo o tempo que se debería.

    

Despois de isto máis exercicios de activación que podedes facer facilmente recorrendo toda a vosa casa.




 Se prefires un pouco máis de marcha pulsa no vídeo para ver a parte 2 do adestramento proposto hai 2 días.





Para baixada de pulsacións ou momento de reflexión, que tal si te moves ao ritmo de esta canción tan entrañable? 



Tal e como di... VOLVEREMOS A XUNTARNOS!!!
APERTAS VIRTUAIS PARA TODOS E TODAS

miércoles, 25 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 10º DÍA

Que tal algo de Marshmello para empezar con enerxía? O grupo de 5ºA é suuuuperrrr fan!!!



Proposta de xogos por parellas:
- LOITA DE PIRATAS: un contra un á pata coxa, intentar que o compañeiro poña a perna no chan.
- PIRATAS PATAPAU : dúas persoas á pata coxa agarrando unha almofada. A base de empuxóns intentan sacar do lugar predeterminado á outra persoa.
- AS TARTARUGAS: un da parella tumbado boca abaixo e o outro intenta darlle a volta.
- RITMO EN PARELLA: podedes crealo co propio corpo ou con outro tipo de material á vez que facedes algún exercicio tipo salto, sentadilla... ou ben podedes pinchar no enlace e imitar aos do vídeo.



En moitos momentos da nosa vida é necesario estar tranquilos e atentos. Non é facil, e como todo, a uns nos custa máis que a outros/as. Recoméndovos este vídeo, seguro que un pouquiño axuda.




QUE GANIÑAS DE VERVOS!!!
SEDE FELICES!!!


lunes, 23 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 9º DÍA


ACTIVIDADES INTERACTIVAS 
SOBRE HÁBITOS SAUDABLES


Xa tedes as pelotas de malabares feitas? Pois aquí deixo un tutorial para que vaiades practicando. Se non pudestes comprar globos podedes probar con mandarinas ou incluso con bolas de papel de periódico ben apretadas con celo. Veña a practicar a ver se sae!!!



PARA SUDAR UN POUCO!!!
Ollo!!! o modelo a seguir que non sexa o neno xa que ás veces non adopta a posición correcta. Recordade o que digo sempre, os xeonllos non deben sobrepasar a punta do pé.

Un xogo tradicional: A PITA CEGA

Un fai de pita cega e véndanselle os ollos cun pano. O resto de xogadores colócanse arredor e preguntan:"Gallinita cega, que se che perdeu? " ao que "o que a queda" responde: "Unha agulla e un dedal". Entón o resto de xogadores respóndelle: "dá tres voltiñas e atoparalo". A pita cega dá tres voltas sobre ela mesma mentres o resto de xogadores cantan: "Unha, dous e tres,". Despois avanza cos brazos estendidos intentando tocar a algún dos outros xogadores, e cando o fai, debe adiviñar quen é tocándolle o pelo, a cabeza, a cara e as mans. Logo di o nome do xogador que cre que é e se acerta, cambian os papeis. Se non acerta, bérranlle que fallou, seguindo o xogo ata que acerta.




QUEDA NA CASA E... MÓVETE. 8º DÍA

Este vídeo require un pouquiño máis de nivel que os anteriores. 


Actividades interactivas. Proxecto Ludos, pincha na imaxe


2º RETO DE SALTOS

- 5 saltos a pés xuntos cara adiante
- 5 saltos a pés xuntos cara atrás
- 10 saltos abrindo e pechando pernas
- 5 veces saltos dereita - esquerda
- 5 veces salto arriba e baixo a tocar chan.


jueves, 19 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E ... MÓVETE. 5º DÍA


Despois do festivo de onte volvemos "ao cole". Que tal movendo un pouco o corpo con esta coreografía? O alumnado de 1º xa sabía parte dela, seredes capaces de sabela completa á volta? 









COMECOCOS
Este é un comecocos que fixo unha alumna de 4º do cole un día que non podía facer EF por estar lesionada.Propóñovos facelo na casa e entretervos  con el. Nas pestanas podedes poñer toooodo o que se vos ocurra, estas son só unhas ideas. Para os signos interrogantes podedes preparar tarxetas e ir levantando segundo vos toque.  



Algunhas ideas con tubos de papel hixiénico, ademáis de poder usalos como obstáculos a esquivar, obxectos para manter en equilibrio en diferentes partes do corpo e incluso para transportar diferentes obxectos sobre eles...





Gozade dos xogos e da fin de semana!!!
Ata luns rapazada!!!

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 4º DÍA


martes, 17 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E... MÓVETE. 3º DÍA

Bo día rapazada!!!

Que tal o levades? Xa imos polo 3º día, e mañá... festivo!!! Cando nos demos conta estaremos de novo no cole.
Sacades algún ratiño para movervos? seguro que sí, entón novas propostas para vós!!!

Disfrázate!!! Aínda que o tempo de Entroido xa pasou, por que non revivilo? Busca complementos pola casa, disfrázate de mil maneiras e anima o día. O espíritu do Entroido debería acompañarnos seeeeempreeee (por que o direi eu? jejej) Un desfile a ritmo de música será xenial.








E agora que seguro que andas na procura de obxectos que poidan servirche, que che parece intentar completar esta táboa?

Atoparías algún xornal vello ou revista ou papeis que non che sirvan para nada? Antes de tiralos, dálle unha segunda vida. Fai unha bola ben apretada con eles, busca unha papeleira, cubo de praia ou similar e ENCESTA. Empeza desde unha distancia curta e vai aumentando a ver ata onde chegas, non pases de nivel sen haber encestado polo menos 3 desde a anterior. Veña a practicar!!!



1º Reto de saltos:
- 5 saltos a pés xuntos
- 5 saltos abrindo e pechando pernas
- 5 veces salto adiante e salto atrás

- 5 saltos á pata coxa sobre perna dereita
- 5 saltos á pata coxa sobre perna esquerda.



Divertídevos!!! O venres algunha cousa máis, entre elas propostas con tubos de papel hixiénico, agardo que os estedes gardando.

Chao , chaoooo




QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 2º DÍA

Ola, ola!!!

  • Como prometín onte comparto unha coreografía para que bailedes na casa, seredes capaces de implicar á vosa familia? anímovos a intentalo...seguro que disfrutades un montón. Como vedes utilizan botellas de plástico, se non tedes, ben podedes empregar paus (en breve colgarei outras coreos con ese implemento) ou incluso material de cociña de madeira. Pode ser que se vos ocurran outras ideas mellores, xa me contaredes.
  • Que facer con globos?
  • -  Golpealo intentando mantelo no aire.
  • - Por parellas unha persoa intenta mantelo no aire e a outra intenta que toque o chan.
  •  - Conducilo soprando por unha liña, por unha mesa...
  • Volei - globo: colocamos unha cinta/corda ou similar entre dúas sillas por exemplo e intentamos realizar pases por encima da mesma.
  • Bailar cun globo entre os xeonllos.
  • Bailar por parellas co globo entre certas partes do corpo (fronte - fronte, espalda - espalda, barriga - barriga...)
  • Con dous globos intentar mantelos aos dous no aire, con tres...  
  • Ao pelo: frota un globo contra a roupa e cando esté ben electrizado colócao no pelo. Marca unha distancia para recorre sin que o globo che caiga do pelo. Proba tamén atando cun pano os xeonllos.
  •  Fila india: engancha á túa familia e desprazádevos pola casa en fila e cun globo entre cada un, de maneira que non caiga ningún. Intentade facer cambios de ritmo a ver que pasa.
  • O Caranguexo: desprázate como un caranguexo cun globo entre os xeonllos, despois entre os nocellos. De que maneira resulta máis complicado?
  • Encestando globos: tumbado no chan, unha caixa de maior tamaño que o globo a dous palmos da cabeza aproximadamente e un globos entre os nocellos. Trátase de flexionar o tronco para intentar encestar ese globo coas pernas na caixa. 
  • Golpeos con diferentes partes do corpo: cabeza, man, pé, xeonllos, cóbado... 
  • Vamos con ese aplauso: golpear o globo e dar o maior número de palmadas antes de que caiga.  

  •        Que tal un pouco de IOGA? Déixovos un vídeo e tamén unhas imaxes para que non necesitedes estar tan pendientes dunha pantalla. Moi importante certa seguridade á hora de facer determinadas posturas, se algunha se resiste, é dicir que non vos encontrades cómodos/as non a fagades, haberá outras que seguro que vos resultan máis agradables. Verémolo á volta, será o momento de comentar dificultades e intentalo con supervisión, ok? A SEGURIDADE, SEMPRE O MÁIS IMPORTANTE. Pincha na imaxe.
https://youtu.be/t8748OWc1nQ  
"QUEDO NA CASA E APROVEITO PARA..." Anímate a compartir o que fas nesta temporada de estar na casa e remata dicindo "TODO SAIRÁ BEN" . Podes facelo mediante un debuxo ou mediante unha grabación, envíaa a moveteenvite@gmail.com e dime se estarías disposta/o a compartila publicamente xunto a outras creacións


Agardo que algunha das propostas sexan do teu interese.
Mañá máis... por certo ide gardando rollos vacíos de papel hixiénico ou de papel de cociña que vos serán de utilidade proximamente. 
ABURRRRR





lunes, 16 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E ...MÓVETE!!!

Bo día a todos e todas:

Parece que comeza a semana dun xeito moi diferente, tranquis, isto é algo temporal e como podedes con todo estou segura de que o superaredes con gran éxito e con multitude de anécdotas que contar cando nos vexamos.

Sei que na casa é moi difícil cumplir co tempo de actividade física que se recomenda pero xa que será o único sitio no que poderemos estar, eu vou deixarvos algunha idea para que poidades facer algo e non limitarnos só a vida sedentaria frente a libros ou pantallas, ok?

Seguir o ritmo da programación é complicado desta forma, así que opto por ofrecer posibilidades e cadaquén elixe as que máis lle apetezca e o momento máis oportuno. Non vos deixedes levar polos días que tiñamos EF, noooo, isto é recomendable para tódolos días. Sacade ratiños de donde queirades pero por favor....MOVÉDEVOS!!!

Para calquera dúbida, estou á vosa disposición nesta dirección de correo electrónico moveteenvite@gmail.com.

  • En primeiro lugar, despois de levantarse sabedes que senta estupendamente estirarse....pois adxunto unhas rutinas que ademais de axudarvos a gañar flexibilidade seguro que fan que empecedes o día a tope. 

  • Posiblemente este vídeo o recibiu moita xente vía whatssap, da igual, deixoo aquí para todos, para facer exercicio e botar unhas risas, xa sabedes acompañados sempre é mellor, asíque anímovos a facelo en familia.

 

  • Outra opción que podedes facer son bolas de malabares. Para iso necesitades dous globos, arroz e un embudo.  Cómo facelo?
Inchamos un pouquiño un globo e introducimos a parte máis estreita do embudo pola cal verteremos un pouco de arroz (non moito para que sexan fáciles de manexar) Cortamos a parte máis estreita do outro globo e coa restante cubrimos a bola que acabamos de facer empezando pola zona do nudo.
O ideal sería facer 3, así á volta, levámolas ao cole, jejeje. Colgarei algún tutorial para ir practicando.

Se non tedes globos na casa sería interesante que cando tiveran que facer unha visita ao super os merquen porque son moitos os xogos que se poden facer con eles xa que non hai perigo de impacto dentro dunha casa, prestade atención mañá que colgo ideas para xogar con globos.
  • Para amenizar un pouco o día déixovos a canción de Na beira do último disco de  Uxía Lambona e a banda molona "Astrounauta Sideral". Tanto podedes inventar un baile como xogar ás estatuas musicais, e o que sí recomendaría sería que a aprenderades, ten moooitaaaa marcha!!!   
 


Ata aquí o día de hoxe, non deixedes de visitar o blog que cada día colgarei algo... mañá en principio...xogos con globos, coreografía e ....

Deica mañá...sede felices!!!

martes, 10 de marzo de 2020

COMEZA O TORNEO

Por fin puxemos en marcha o torneo de brilé pola resolución pacífica de conflictos.
É unha maneira activa e saudable de ocupar o tempo de lecer.
Mirade que ben o fan...
Mañá máis



Duatlón no cole

Que experiencia máis boa tivemos hoxe!!!
Da man do Club de Triatlon Arcade Inforhouse poidemos subir ás bicicletas e probar como se de unha proba de duatlón se tratara ... que emocionante!!!
Gracias a Jaime e a Brais por facelo posible.
Quedan algunhas imaxes para o recordo.