lunes, 16 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E ...MÓVETE!!!

Bo día a todos e todas:

Parece que comeza a semana dun xeito moi diferente, tranquis, isto é algo temporal e como podedes con todo estou segura de que o superaredes con gran éxito e con multitude de anécdotas que contar cando nos vexamos.

Sei que na casa é moi difícil cumplir co tempo de actividade física que se recomenda pero xa que será o único sitio no que poderemos estar, eu vou deixarvos algunha idea para que poidades facer algo e non limitarnos só a vida sedentaria frente a libros ou pantallas, ok?

Seguir o ritmo da programación é complicado desta forma, así que opto por ofrecer posibilidades e cadaquén elixe as que máis lle apetezca e o momento máis oportuno. Non vos deixedes levar polos días que tiñamos EF, noooo, isto é recomendable para tódolos días. Sacade ratiños de donde queirades pero por favor....MOVÉDEVOS!!!

Para calquera dúbida, estou á vosa disposición nesta dirección de correo electrónico moveteenvite@gmail.com.

  • En primeiro lugar, despois de levantarse sabedes que senta estupendamente estirarse....pois adxunto unhas rutinas que ademais de axudarvos a gañar flexibilidade seguro que fan que empecedes o día a tope. 

  • Posiblemente este vídeo o recibiu moita xente vía whatssap, da igual, deixoo aquí para todos, para facer exercicio e botar unhas risas, xa sabedes acompañados sempre é mellor, asíque anímovos a facelo en familia.

 

  • Outra opción que podedes facer son bolas de malabares. Para iso necesitades dous globos, arroz e un embudo.  Cómo facelo?
Inchamos un pouquiño un globo e introducimos a parte máis estreita do embudo pola cal verteremos un pouco de arroz (non moito para que sexan fáciles de manexar) Cortamos a parte máis estreita do outro globo e coa restante cubrimos a bola que acabamos de facer empezando pola zona do nudo.
O ideal sería facer 3, así á volta, levámolas ao cole, jejeje. Colgarei algún tutorial para ir practicando.

Se non tedes globos na casa sería interesante que cando tiveran que facer unha visita ao super os merquen porque son moitos os xogos que se poden facer con eles xa que non hai perigo de impacto dentro dunha casa, prestade atención mañá que colgo ideas para xogar con globos.
  • Para amenizar un pouco o día déixovos a canción de Na beira do último disco de  Uxía Lambona e a banda molona "Astrounauta Sideral". Tanto podedes inventar un baile como xogar ás estatuas musicais, e o que sí recomendaría sería que a aprenderades, ten moooitaaaa marcha!!!   
 


Ata aquí o día de hoxe, non deixedes de visitar o blog que cada día colgarei algo... mañá en principio...xogos con globos, coreografía e ....

Deica mañá...sede felices!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario