martes, 17 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 2º DÍA

Ola, ola!!!

  • Como prometín onte comparto unha coreografía para que bailedes na casa, seredes capaces de implicar á vosa familia? anímovos a intentalo...seguro que disfrutades un montón. Como vedes utilizan botellas de plástico, se non tedes, ben podedes empregar paus (en breve colgarei outras coreos con ese implemento) ou incluso material de cociña de madeira. Pode ser que se vos ocurran outras ideas mellores, xa me contaredes.
  • Que facer con globos?
  • -  Golpealo intentando mantelo no aire.
  • - Por parellas unha persoa intenta mantelo no aire e a outra intenta que toque o chan.
  •  - Conducilo soprando por unha liña, por unha mesa...
  • Volei - globo: colocamos unha cinta/corda ou similar entre dúas sillas por exemplo e intentamos realizar pases por encima da mesma.
  • Bailar cun globo entre os xeonllos.
  • Bailar por parellas co globo entre certas partes do corpo (fronte - fronte, espalda - espalda, barriga - barriga...)
  • Con dous globos intentar mantelos aos dous no aire, con tres...  
  • Ao pelo: frota un globo contra a roupa e cando esté ben electrizado colócao no pelo. Marca unha distancia para recorre sin que o globo che caiga do pelo. Proba tamén atando cun pano os xeonllos.
  •  Fila india: engancha á túa familia e desprazádevos pola casa en fila e cun globo entre cada un, de maneira que non caiga ningún. Intentade facer cambios de ritmo a ver que pasa.
  • O Caranguexo: desprázate como un caranguexo cun globo entre os xeonllos, despois entre os nocellos. De que maneira resulta máis complicado?
  • Encestando globos: tumbado no chan, unha caixa de maior tamaño que o globo a dous palmos da cabeza aproximadamente e un globos entre os nocellos. Trátase de flexionar o tronco para intentar encestar ese globo coas pernas na caixa. 
  • Golpeos con diferentes partes do corpo: cabeza, man, pé, xeonllos, cóbado... 
  • Vamos con ese aplauso: golpear o globo e dar o maior número de palmadas antes de que caiga.  

  •        Que tal un pouco de IOGA? Déixovos un vídeo e tamén unhas imaxes para que non necesitedes estar tan pendientes dunha pantalla. Moi importante certa seguridade á hora de facer determinadas posturas, se algunha se resiste, é dicir que non vos encontrades cómodos/as non a fagades, haberá outras que seguro que vos resultan máis agradables. Verémolo á volta, será o momento de comentar dificultades e intentalo con supervisión, ok? A SEGURIDADE, SEMPRE O MÁIS IMPORTANTE. Pincha na imaxe.
https://youtu.be/t8748OWc1nQ  
"QUEDO NA CASA E APROVEITO PARA..." Anímate a compartir o que fas nesta temporada de estar na casa e remata dicindo "TODO SAIRÁ BEN" . Podes facelo mediante un debuxo ou mediante unha grabación, envíaa a moveteenvite@gmail.com e dime se estarías disposta/o a compartila publicamente xunto a outras creacións


Agardo que algunha das propostas sexan do teu interese.
Mañá máis... por certo ide gardando rollos vacíos de papel hixiénico ou de papel de cociña que vos serán de utilidade proximamente. 
ABURRRRR





No hay comentarios:

Publicar un comentario