Bo día rapazada!!!
Que vos parece se nos expresamos coa linguaxe corporal?, seguro que na casa ningúen se esconde, jejej Empezando por accións sinxelas exercitámonos para chegar a representar accións máis complexas como historias, películas...
Ponte a practicar e recorda que a cara debe acompañar aos xestos corporais. Imprime ou simplemente pensa un número e a ver que profesión che toca representar.
Coidar o corpo debería de ser algo prioritario xa que iso nos vai acompañar toda a nosa vida. O seguinte proxecto que se estructura en 4 unidades didácticas ten como obxectivo que o alumnado adquira hábitos de vida saudables conseguindo así prever a aparición de futuras enfermidades. Pincha na imaxe e mérgullate nel.
E para rematar cun pouco de "vidilla" deixo algo de bailoteo... un rock and roll!!
Espero que aprendades moito!!!
Polo aire vos mando apertas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario