jueves, 7 de mayo de 2020

CARREIRA DE SACOS DIFERENTES E OUTRAS HISTORIAS


Como vai rapazada? seguro que disfrutando destes ratiños de sol. Eu polo menos é o que fago, aproveito a horiña a tope. 
Imaxino que a actividade física agora se incrementou bastante, de todas maneiras déixovos este vídeo que atopei e que ten cousiñas que me gustaron. Oxalá a vos tamén. 
Perfectamente o podedes adaptar ao exterior. 



lunes, 4 de mayo de 2020


A partir de agora as propostas chegaranvos cada luns á vosa dirección de correo electrónico. Se non as recibes ponte en contacto conmigo (moveteenvite@gmail.com)  para que as reenvíe.
Seguirei subindo recursos variados por aquí para que teñades máis cousas para elexir.

Sede felices e movédevos moito!!!

miércoles, 29 de abril de 2020

Os retos de Raposa Fedella

  Polo Día da Danza propoñen dende a Cidade da Cultura que resolvades os retos da Raposa Fedella, a que vos retará esta raposiña? Non perdades máis tempo e pinchade no enlace.
Animan tamén a grabar un vídeo bailando e enviarllo antes do 1 de maio, veña bailaríns e bailarinas adiante!!! e de paso me enviades a min tamén, jejej (moveteenvite@gmail.com)


  https://www.cidadedacultura.gal/gl/system/files/downloads/2020/04/fedella_danza_a_danzana_pintura.pdf

Espero que vos divirtades!!!


Por certo, hoxe é o día da danza... se vos vai ben a hora prestade atención a isto que seguro que vos gusta.


martes, 28 de abril de 2020


Sei que vos sobran as ideas pero, por se acaso nestes momentos de emoción a cabeza bloquea, aquí vos deixo algunha idea, e para mañá estou preparando máis. Xa vedes que é todo de movemento e relacionado coa miña área, deixo que pensedes vós outras propostas como sumar matrículas, identificar animais, analizar o ceo...
Disfrutade moitisisisiisisisiisisimoooooo


Déixovos unha cita para mañá que é o Día da Danza, é moi recomendable, eu procurarei velo!!!




Hoxe é o día da Educación Física na rúa. 
En situación normal de estar no cole, hoxe sairíamos del para realizar as sesións nunha praza dos arredores e facer visible o noso traballo. Como iso non é posible celebrémolo todos e todas facendo moita actividade física na casa e nesa horiña de gloria que tedes aproveitádea tamén a tope para facer exercicio. 
Se alguén quere compartir algún vídeo, sabedes que podedes facelo enviándoo á miña dirección: moveteenvite@gmail.com

lunes, 27 de abril de 2020

Bos días:
facendo click na imaxe poderás acceder ás propostas desta semana. Se vos da algún problema o enlace poñédevos en contacto conmigo (moveteenvite@gmail.com)
Bicos mil

https://drive.google.com/file/d/18v06JyzVKwE41Z_87f9ygzinV1zcSNre/view?usp=sharing

domingo, 26 de abril de 2020

Empezamos a ver a luz...

Chegou o día no que se permite que saiades da casa, que ben!!! Sen dúbida un día importante e agardado por todos e por todas. Eu inclúome que tiña moitiiiiiisssiiiimas ganas de sair, pasear e correr. E así o fixen hoxe pola mañá coa miña peque, aproveitando ao máximo esa hora e cumprindo as normas. Espero que vós tamén e que gozarades a topeeeee.
Seguramente a partir de agora imos levar mellor este momento e cando nos demos conta retomaremos as nosas rutinas de hai uns meses... así que ánimo a todos e a todas!!!

Como vos estou enviando propostas ao correo hai tempo que non subo nada aquí, pero hoxe vouvos deixar uns vídeos moi interesantes para facer en parella que están pola rede por se alguén non os viu e lle serve para facer máis actividade física na casa.



                                                      
E para facer de maneira individual déixovos estos dous. Aínda que vexades que empezan igual (cun xogo que vos gustaba moito en  EF no cole, pero aquí de maneira individual) non son iguais, a partir dese cambian os exercicios e baixo o meu punto de vista son interesantes. Probádeo que seguro que vos gusta.





Pasádeo ben e ánimo que xa queda menos👏👏👏👏



miércoles, 22 de abril de 2020

Día do libro

Pinchando na imaxe poderedes acceder ao blogue de orientación do CEIP de VITE1. Alí, entre moitos outros recursos, atoparedes a mestras e mestres do cole que fan un traballo fantástico contando cada día desta semana un conto con motivo do Día do Libro.
Investigade, gustaravos seguro!!!

martes, 21 de abril de 2020

AVISO a 5º e 6º



 Por favor, unha vez feito o traballo, enviádeo a moveteenvite@gmail.com non aos vosos titores.

Dedícadelle tempo, tedes varios enlaces para buscar información xa que é preciso basearse nalgún deses deportes. Deberedes indicar todo o que necesitemos saber para empezar a xogar. Pensade cando non entendedes algún xogo e facedes preguntas, pois aquí é o mesmo, cantas dúbidas vos podería preguntar o resto do grupo se o levaramos á práctica? hai resposta escrita para todo? Se non a tedes será que precisades completalo.


Ánimo, seguro que saen cousas interesantes.

lunes, 20 de abril de 2020

4º nivel 2ª semana

Bo día!!!
Como vos vai?espero que todo ben e con ganas de seguir movéndose así que as propostas para esta semana son as que atoparedes pinchando na imaxe. Espero que vos gusten. 
Biquiñosss 





lunes, 13 de abril de 2020

4º NIVEL 1ª SEMANA

Bo día:
Agardo que vos atopedes  todos e todas ben e que estedes levando esta situación como auténticos héroes e heroínas, que seguro que sí. Teño que dicirvos que se vos bota moito de menos e oxalá podamos vernos pronto e volver xogar todos xuntos nas clases. Polo de pronto propóñovos algo para facer na casa ao longo desta semana, correspóndenvos dúas sesións, martes e xoves, pero entendo que cada persoa e familia decida o momento que mellor lles veña. Pincha aquí.
Espero que sexa do voso agrado e gocedes facendo actividade física na casa.  







Ola rapazada!!!

De novo por aquí, que pronto pasaron as vacacións e seguimos...RESISTINDO!!!
Imaxino que traeredes as forzas renovadas así que aproveitádeas a tope. 
En canto a Educación física, a partir de agora, en vez de colgar recursos diarios aquí, adxuntarei propostas semanais para cada curso ao mail que vos mandará a vosa titora ou titor e simplemente subirei por este medio as dirixidas ao alumnado de 4º nivel (tamén unha entrada por semana).
Independentemente disto podedes seguir consultándoo e elexindo entre o ofrecido dende o primeiro día e de vez en cando engadirei algún novo contido.
Disfrutade moito e xa sabedes donde atoparme.

BICOS E APERTAS A MOREAS!!!

jueves, 2 de abril de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 19º DÍA

Bo día campións/as:
parece mentira pero hoxe comezan as vacacións de Semana Santa. YUHUUUUUU!!! 
Levamos 3 semanas na casa e seguro que estades aguantando como verdadeiros heroes e heroínas 👏👏👏👏👏👏👏👏👏( o meu aplauso para vós)
Faremos un parón e voltamos o 14 con máis recursos, pero xa sabedes que se vos divirte podedes seguir consultándoo sempre que vos apeteza.

Imos entón coas propostas para hoxe, antes de nada vou colgar a canción do Chimpín de Uxía Lambona e a banda molona que a usamos moito na clase de 1º para o traballo da lateralidade e orientación espacial e onte esquecín subila.
É apta para todos/as eh? aínda que comeza lento vai aumentado o ritmo que é  unha tolería e unha diversión.









Seguimos con marcha para despedir con alegría o trimestre... a ver como bailades agora esta de ZUMBA que é super sinxela.


Xoga a imaxinar situacións, deixo aquí estas tarxetas. O bo sería que cada unha foras capaz de imaxinala 3 veces. 





E por último vou deixarvos un vídeo sobre entrenamento funcional que podedes facer en familia.



AGARDO QUE SAQUEDES ALGÚN MOMENTO PARA EXERCITAR O VOSO CORPO E QUE ESTE PARÓN O LEVEDES DA MENOR MANEIRA POSIBLE.

BÓTASEVOS DE MENOS!!!

miércoles, 1 de abril de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 18° DÍA


RESISTIRÉ
Que vos di esta canción? Eu non a escoitaba pola mañá, salvo hoxe e creo que a partir de agora, pero tooodooos os días ás 20 h estamos toda a vecindade nas ventás cantándoa.
Hoxe compártoa con vós porque esta versión feita por máis de 30 artistas é brutal💓 
Escoitádea, bailádea e disfrutádea



LATERALIDADE E ORIENTACIÓN ESPACIAL

Repasaremos estos dous conceptos e para iso entre outras cousas podedes imprimir estas fichas sobre a lateralidade, para moitos e moitas de vós isto xa está totalmente afianzado pero non está de máis volver a velo.



                                                               



Para o traballo da lateralidade xa sabedes que a mellor maneira é executando accións co lado dominante e tamén co non dominante. Xa que habitualmente este adoita ser máis torpe, máis débil...  haberá que exercitalo. Qué podemos facer?
🏀Lanzar bolas de papel a unha papeleira pode servirvos, 1º co brazo dominante e despois co outro, incrementando as distancias, tirando con ambas mans...
🎾Que alguén che lance as bólas e as colles, 1º cunha man e despois coa outra.
⚽En canto a membros inferiores podemos facer un recorrido pola casa conducindo unha desas pelotiñas de papel, ou unha de verdade se tedes jejej 1º cunha perna e despois coa outra.
🎈Desprázate saltando á pata coxa, 1º sobre a dereita e despois sobre a esquerda.
⚾Da toques a unha pelota co pe dereito e despois co esquerdo ou viceversa.
🏈Marca unha zona á modo de portería ou diana e lanza a ver con cal tes máis puntería. Con brazos ou con pernas apuntas mellor?

Para  orientación espacial: que fago?
O xogo dos robots: se conseguides que alguén vos acompañe no xogo estaría xenial. Un é o robot e o outro o que lle pulsa aos botóns para o cal deberes establecer unhas consignas Exemplo:
.
un toque no ombreiro dereito
= torcer á dereita
dous toques na espalda
= camiñar cara atrás
un toque na cabeza
=  stop
toque no ombreiro esquerdo
= torcer á esquerda
dous toques no ombreiro dereito
= torcer á esquerda cara atrás
… o que se vos ocurra será válido
VARIANTE: O robot ao revés. Consiste en executar ordes contrarias ás marcadas, se di cara adiante irá cara atrás, en vez de á dereita…á esquerda…
O robot cego: cos ollos pechados ou tapados cun pano.
Observacións: se ninguén vos acompaña podedes escribir vós previamente un itinerario e levalo á práctica a ver ata onde chegades. Con facer un só, tedes múltiples posibilidades se empezades dende diferentes puntos da casa.
EXEMPLO:
5 pasos para adiante
3 pasos á dereita
 4 cara adiante
 5 á esquerda e
6 atrás...
cheguei a...

Como ides? Tedes a cabeza toleada e non sabedes para onde tirar? pois agora centrádevos e...


 3º RETO DE SALTOS

- 20 saltos no sitio movendo os brazos como se estiveras saltando á corda.
- 5 saltos sentadilla (salto hacia arriba e baixo coas pernas abertas e flexionadas. O xeonllo non sobrepasa nunca a punta do pe.
- 20 saltos no sitio movendo os brazos como se estiveras saltando á corda cruzándoa por diante. 
- 5 saltos sentadillas.
- 20 saltos abro e cruzo por diante dereita, abro e cruzo por diante esquerda...


En canto tempo o fixeches? Non o sabes? pois colle un reloxo e cronometra. Unha vez feito...serás capaz de conseguilo agora en 3 segundos menos? Inténtao ou se non hai forza déixao para outro día, estírate e relaxaaa!!!

Pola miña parte, hoxe ata aquí. Mañá...volverei!!!
Aburiñoooo👋👋👋👋👋

martes, 31 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 17° DÍA

Bo día!!!
Que tal vos foron as propostas de onte? Gustáronvos? Iso espero!!!

Para hoxe pensei en propoñer unha coreografía na que, tanto persoas que presenten movilidade reducida de tren inferior como as que non ,bailarán da mesma maneira...polo cal...collede unha cadeira, sentádevos e a bailar co tren superior!!! Vamossss!!! ídelo pasar pipa!!!


Recordades os videos de ioga de sesións anteriores?. Deixo para imprimir, se o desexades, imaxes coas posturas e os seus nomes.
Practicade todas cantas vos apetezcan.

Se tedes un dado a man lanzádeo e executades a que vos vaia tocando.
Non o tes? Pois quizáis podes imprimir esto,  recortalo e construilo. Lánzao e según salga así fas!!!
    
Practica, practica... que o ioga ten moooitooos beneficios, se non os coñeces...presta atención á seguinte imaxe.

Isto é todo amigas e amigos, mañá máis!!!
Sede moi felices!!!



QUEDA NA CASA E... MÓVETE. 16º DÍA


Bo día rapazada!!!

Que vos parece se nos expresamos coa linguaxe corporal?, seguro que na casa ningúen se esconde, jejej Empezando por accións sinxelas exercitámonos para chegar a representar accións máis complexas como historias, películas...

Ponte a practicar e recorda que a cara debe acompañar aos xestos corporais. Imprime ou simplemente pensa un número e a ver que profesión che toca representar.







Coidar o corpo debería de ser algo prioritario xa que iso nos vai acompañar toda a nosa vida. O seguinte proxecto que se estructura en 4 unidades didácticas ten como obxectivo que o alumnado adquira hábitos de vida saudables conseguindo así prever a aparición de futuras enfermidades. Pincha na imaxe e mérgullate nel.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1422462805/contido/corpo_vida/menu.html

E para rematar cun pouco de "vidilla" deixo algo de bailoteo... un rock and roll!!

Espero que aprendades moito!!!
Polo aire vos mando apertas!!!

lunes, 30 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E ... MÓVETE. 15º DÍA

Xa estamos de novo, comezando unha semaniña máis.
 Hoxe deixarei algo para imprimir xa que considero que recursos audiovisuais tedes bastante donde elexir (podedes refrescar volvendo mirar todo o que hai subido dende o primeiro día)
Atopei nunha páxina moi interesante de EF o XOGO DA OCA e adaptei un pouco as probas. Podedes imprimilo, colledes unhas fichas e un dado que seguro tedes pola casa e...a xogar!!!

 

Se tedes calquera dúbida escribídeme. 
Espero que vos guste e xoguedes moitooo😉

viernes, 27 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 12º DÍA


ORIENTACIÓN 
Agora que chega a fin de semana seguro que tes tempo para facer un mapa/plano/croquis da túa casa. Se es demasiado peque e che resulta complicado pide axuda a un maior. A idea é debuxar nun papel os distintos espazos dos que dispoñedes( cociña, baño, habitacións, pasillo...) É importante que o mapa se axuste á realidade para que o xogo poida sair ben, xa que unha vez feito, escondes obxectos e marcas nel cun X o espazo no que deben atopar. Cantas máis cousas escondas máis divertido será, tamén podes esconder palabras que formen algún lema unha vez as atopen todas, pezas de puzle...todo o que se che ocorra seguro que triunfará. Podes esconder ti ou que chas escondan a ti. Se che resulta lioso escribe a moveteenvite@gmail.com que che boto unha man.


Non podo rematar a semana sen deixarvos esta coreo, ...a ver que tal se vos da!!! Primeiro mirade e despois practicade, e se non sae todo á vez, primeiro aprendemos movementos de pernas, despois de brazos e por último cos paus, accesorios de cociña... ou viceversa. Cando unades todo sairá rodado...

 

A PRACTICAR E A DISFRUTAR.
FELIZ FINDE!!!

jueves, 26 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 11º DÍA

Ola olaaaa, xa nos estamos acercando á fin de semana. Como ides coa actividade física?. Espero que sacando sempre un ratiño pa movervos, é MOI NECESARIO!!!
Hoxe imos refrescar o tema do quecemento, adxunto unhas rutinas de flexibilidade así como estiramentos para antes de facer exercicio físico de intensidade e despois. Mirádeo ben xa que nas sesións prácticas, pola duración das mesmas, non podemos adicar todo o tempo que se debería.

    

Despois de isto máis exercicios de activación que podedes facer facilmente recorrendo toda a vosa casa.




 Se prefires un pouco máis de marcha pulsa no vídeo para ver a parte 2 do adestramento proposto hai 2 días.





Para baixada de pulsacións ou momento de reflexión, que tal si te moves ao ritmo de esta canción tan entrañable? 



Tal e como di... VOLVEREMOS A XUNTARNOS!!!
APERTAS VIRTUAIS PARA TODOS E TODAS

miércoles, 25 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 10º DÍA

Que tal algo de Marshmello para empezar con enerxía? O grupo de 5ºA é suuuuperrrr fan!!!



Proposta de xogos por parellas:
- LOITA DE PIRATAS: un contra un á pata coxa, intentar que o compañeiro poña a perna no chan.
- PIRATAS PATAPAU : dúas persoas á pata coxa agarrando unha almofada. A base de empuxóns intentan sacar do lugar predeterminado á outra persoa.
- AS TARTARUGAS: un da parella tumbado boca abaixo e o outro intenta darlle a volta.
- RITMO EN PARELLA: podedes crealo co propio corpo ou con outro tipo de material á vez que facedes algún exercicio tipo salto, sentadilla... ou ben podedes pinchar no enlace e imitar aos do vídeo.



En moitos momentos da nosa vida é necesario estar tranquilos e atentos. Non é facil, e como todo, a uns nos custa máis que a outros/as. Recoméndovos este vídeo, seguro que un pouquiño axuda.




QUE GANIÑAS DE VERVOS!!!
SEDE FELICES!!!


lunes, 23 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E...MÓVETE. 9º DÍA


ACTIVIDADES INTERACTIVAS 
SOBRE HÁBITOS SAUDABLES


Xa tedes as pelotas de malabares feitas? Pois aquí deixo un tutorial para que vaiades practicando. Se non pudestes comprar globos podedes probar con mandarinas ou incluso con bolas de papel de periódico ben apretadas con celo. Veña a practicar a ver se sae!!!



PARA SUDAR UN POUCO!!!
Ollo!!! o modelo a seguir que non sexa o neno xa que ás veces non adopta a posición correcta. Recordade o que digo sempre, os xeonllos non deben sobrepasar a punta do pé.

Un xogo tradicional: A PITA CEGA

Un fai de pita cega e véndanselle os ollos cun pano. O resto de xogadores colócanse arredor e preguntan:"Gallinita cega, que se che perdeu? " ao que "o que a queda" responde: "Unha agulla e un dedal". Entón o resto de xogadores respóndelle: "dá tres voltiñas e atoparalo". A pita cega dá tres voltas sobre ela mesma mentres o resto de xogadores cantan: "Unha, dous e tres,". Despois avanza cos brazos estendidos intentando tocar a algún dos outros xogadores, e cando o fai, debe adiviñar quen é tocándolle o pelo, a cabeza, a cara e as mans. Logo di o nome do xogador que cre que é e se acerta, cambian os papeis. Se non acerta, bérranlle que fallou, seguindo o xogo ata que acerta.