martes, 4 de febrero de 2020

VISITA DE LUXO: VERO BOQUETE NO COLE!!!


        “Loitadora, crack, a mellor, persistente, valente…” son algúns dos adxectivos cos que o alumnado a calificaba, hoxe demostrou en persoa que era iso e moito máis…UN EXEMPLO A SEGUIR!!! para os nenos e especialmente para as nenas.
         Tras o visionado dun vídeo sobre momentos clave que viviu faloulles da súa traxectoria profesional.
          Os seus inicios no fútbol non foron fáciles, referentes femininos non tiña e iso leváballe a pensar que o seu futuro dentro del tería os días contados, pero ao mesmo tempo algo lle dicía que podería ser doutra maneira. Isto fixo que loitara e se paseara por medio mundo, xogando en diversos equipos importantes de 7 países e  chegando ata donde está agora mesmo, forma parte do Utah Royals, un equipo da  liga americana de máxima categoría.
        
              En todo momento recalcou a importancia de acompañar o deporte cos estudios e deixoulles , tal e como se pode escoitar neste vídeo, unha mensaxe clave: “que a derrota sempre sirva para mellorar”.
           
            En definitiva foi un gusto gozar desta visita, contestou ás múltiples preguntas que á rapazada se lle ocurría facer, firmou autógrafos para o cole e sacou fotos con todos os grupos.

            En tres palabras:

VERO…ERES XENIAL!!!