parece mentira pero hoxe comezan as vacacións de Semana Santa. YUHUUUUUU!!!
Levamos 3 semanas na casa e seguro que estades aguantando como verdadeiros heroes e heroínas 👏👏👏👏👏👏👏👏👏( o meu aplauso para vós)
Faremos un parón e voltamos o 14 con máis recursos, pero xa sabedes que se vos divirte podedes seguir consultándoo sempre que vos apeteza.
Imos entón coas propostas para hoxe, antes de nada vou colgar a canción do Chimpín de Uxía Lambona e a banda molona que a usamos moito na clase de 1º para o traballo da lateralidade e orientación espacial e onte esquecín subila.
É apta para todos/as eh? aínda que comeza lento vai aumentado o ritmo que é unha tolería e unha diversión.
Seguimos con marcha para despedir con alegría o trimestre... a ver como bailades agora esta de ZUMBA que é super sinxela.
Xoga a imaxinar situacións, deixo aquí estas tarxetas. O bo sería que cada unha foras capaz de imaxinala 3 veces.
E por último vou deixarvos un vídeo sobre entrenamento funcional que podedes facer en familia.
AGARDO QUE SAQUEDES ALGÚN MOMENTO PARA EXERCITAR O VOSO CORPO E QUE ESTE PARÓN O LEVEDES DA MENOR MANEIRA POSIBLE.
BÓTASEVOS DE MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario