ACTIVIDADES INTERACTIVAS
SOBRE HÁBITOS SAUDABLES

PARA SUDAR UN POUCO!!!
Ollo!!! o modelo a seguir que non sexa o neno xa que ás veces non adopta a posición correcta. Recordade o que digo sempre, os xeonllos non deben sobrepasar a punta do pé.
Un xogo tradicional: A PITA CEGA
Un fai de pita cega e véndanselle os ollos cun pano. O resto de xogadores colócanse arredor e preguntan:"Gallinita cega, que se che perdeu? " ao que "o que a queda" responde: "Unha agulla e un dedal". Entón o resto de xogadores respóndelle: "dá tres voltiñas e atoparalo". A pita cega dá tres voltas sobre ela mesma mentres o resto de xogadores cantan: "Unha, dous e tres,". Despois avanza cos brazos estendidos intentando tocar a algún dos outros xogadores, e cando o fai, debe adiviñar quen é tocándolle o pelo, a cabeza, a cara e as mans. Logo di o nome do xogador que cre que é e se acerta, cambian os papeis. Se non acerta, bérranlle que fallou, seguindo o xogo ata que acerta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario