martes, 17 de marzo de 2020

QUEDA NA CASA E... MÓVETE. 3º DÍA

Bo día rapazada!!!

Que tal o levades? Xa imos polo 3º día, e mañá... festivo!!! Cando nos demos conta estaremos de novo no cole.
Sacades algún ratiño para movervos? seguro que sí, entón novas propostas para vós!!!

Disfrázate!!! Aínda que o tempo de Entroido xa pasou, por que non revivilo? Busca complementos pola casa, disfrázate de mil maneiras e anima o día. O espíritu do Entroido debería acompañarnos seeeeempreeee (por que o direi eu? jejej) Un desfile a ritmo de música será xenial.








E agora que seguro que andas na procura de obxectos que poidan servirche, que che parece intentar completar esta táboa?

Atoparías algún xornal vello ou revista ou papeis que non che sirvan para nada? Antes de tiralos, dálle unha segunda vida. Fai unha bola ben apretada con eles, busca unha papeleira, cubo de praia ou similar e ENCESTA. Empeza desde unha distancia curta e vai aumentando a ver ata onde chegas, non pases de nivel sen haber encestado polo menos 3 desde a anterior. Veña a practicar!!!



1º Reto de saltos:
- 5 saltos a pés xuntos
- 5 saltos abrindo e pechando pernas
- 5 veces salto adiante e salto atrás

- 5 saltos á pata coxa sobre perna dereita
- 5 saltos á pata coxa sobre perna esquerda.



Divertídevos!!! O venres algunha cousa máis, entre elas propostas con tubos de papel hixiénico, agardo que os estedes gardando.

Chao , chaoooo




No hay comentarios:

Publicar un comentario